Friday 10 de May de 2024

Instalado novo mobiliario infantil no patio de xogos das escolas da Granxa e do Vilariño


Os patios de xogos das escolas unitarias da Granxa e do Vilariño contan con novo mobiliario, segundo anuncia a concelleira da Educación da Pobra do Caramiñal, Genoveva Hermo (Nós Pobra). Na primeira colocouse un balancín dúo e, na segunda, outro balancín dúo e un individual.

Mobipark foi a empresa encargada da subministración deste material por un importe de 2323’38 euros, IVE incluído.

Este tipo de actuacións buscan un óptimo mantemento das zonas de xogos para uso e desfrute das crianzas.